BARBANZA> Trátase de dúas persoas ás que se lles acusa dun suposto delito de falsificación de documentos e fraude fiscal á facenda pública. As investigacións dos axentes da Garda Civil de Boiro realizadas dentro da segunda fase da denominada ‘Operación Conserva’ deron como resultado a detención de dúas persoas máis por un suposto delito de falsificación de documentos e fraude fiscal. Xunto ós dous detidos, hai tres tres persoas máis imputadas, ós que se lles acusa de ser as autoras dun fraude que podería rondar os 5´4 millóns de euros en concepto de axudas e subvenciones procedentes de fondos da Unión Europea. A segunda parte da operación levouse a cabo durante os últimos tres días, a instancias do Xulgado Número Un de Ribeira, na capital barbanzá, en Santiago, en Boiro e en Pontevedra. Precisamente unha das detencións producíase esta mesma mañá en Ribeira. Trátase dun home que rexentaba unha xestoría, ó que se cree ademais un dos cerebros da trama, ó suporse que era el mesmo o encargado de tramitar as solicitudes de axuda. A través da falsificación de facturas e documentos canalizadas a través da consellería de Medio Rural e do Mar obtivéronse subvencións por valor de tres millóns e medio de euros para a compra de maquinaria para a fabricación de conservas, que nunca chegou a ser adquirida. Ademais os responsables da investigación descubriron que nestes últimos anos houbo varios intentos de cobro, por parte de varias empresas radicadas en Boiro, Rianxo, e na Pobra, así como tamén a Bahía de Cádiz, de at sete millóns e medio de euros. Ademais os membros do Instituto Armado puideron constatar que este grupo de empresas implicadas nas fraudes das axudas tamén defraudaron e enganaron á facenda pública e á Seguridade Social evadindo o impago de tributos por un montante aproximado dun millón de euros. Ademais, os axentes atoparon unhas vinte contas bancarias nas que se apreciaban claros indicios de irregularidades relacionadas con blanqueo de capitais. Fontes policiais informaron de que continúan coa investigación, á que califican de complexa, debido ás ramificacións e á gran cantidade de persoas implicadas na trama. Estaba previsto que os detidos pasarán no día de hoxe a disposición xudicial nos Xulgados de Ribeira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/24/detencionsoperacionconserva240214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/24/detencionsoperacionconserva240214.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia