Máis de 3.300 nenos solicitan praza para os campamentos de A Lanzada

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/15/deputacion_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/15/deputacion_pontevedra.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> En seis meses, Cambados poderá volver utilizar a piscina climatizada. A Deputación aprobou esta mañá o proxecto definitivo para substituír a cuberta das instalacións; unha actuación que contará cun orzamento de 600 mil euros. Tamén se fixeron públicas as listas de rapaces que entrarán no sorteo para as prazas dos campamentos da Lanzada. Dos 3.320 admitidos, participarán 2.200 nenos e nenas.

    Cada ano, máis nenos e nenas solicitan praza nos Campamentos da Lanzada. A Deputación fixo públicas esta mañá as listas dos admitidos: un total de 3.320 solicitudes, 121 máis que no 2014.

    Os campamentos ofrecen 2.200 prazas para 11 quendas entre finais de xuño e principios de setembro. O vindeiro 29 de maio celebrarase o sorteo do que sairán os afortunados que poderán gozar dos populares campamentos.

    Esta mañá, a xunta de goberno tamén deu luz verde ao proxecto definitivo para substituír a cuberta da piscina climatizada de Cambados. Segundo o convenio asinado co concello, a achega da Deputación acadará os 600 mil euros.

    A actuación, que na súa maior parte irá con cargo ao Plan Provincial de Obras e servizos 2015, súmase a outras que está a financiar tamén a Deputación no entorno do complexo polideportivo de O Pombal.

    Neste plan tamén se incluirá a rehabilitación da Casa do Priorato de Sanxenxo para convertela nun centro de formación de oficios tradicionais. Para estes traballos, a xunta de goberno aprobou unha achega de 190.000 euros.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí