Vilagarcía non consegue diminuír a crispación na corporación

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/25/valoracion_pleno_villa_250214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/25/valoracion_pleno_villa_250214.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> Vilagarcía mantén o clima de tensión que ven marcando esta lexislatura. No pleno de onte, o alcalde rematou por expulsar a Juan Fajardo. O concelleiro de Esquerda Unida abandonou o salón escoltado pola Policía Local, algo que nunca sucedera neste mandato.

    O rexedor vilagarcián compareceu hoxe para dar explicacións. Tomás Fole asegurou que a expulsión de Fajardo resultou da aplicación do regulamento do pleno, xa que o concelleiro acumulara tres chamadas á orde.

    Na actitude de Fajardo, o alcalde ve unha provocación clara e un intento de desgaste do goberno. Para Fole, o sucedido onte foi a gota que colmou o vaso.

    Ó abandonar o salón de plenos, o edil de Esquerda Unida explicaba a medida do rexedor como un xeito de evitar que el e o seu compañeiro, Ramón Bueno, repetiran o encerro no salón de plenos como fixeran despois da sesión do mes pasado. Algo que Fole desbotou.

    Ademais de para Juan Fajardo, Tomás Fole tivo palabras para todos os partidos da oposición.

    Aínda que fixo unha chamada á calma, Fole advertiu que a partires de agora aplicará o regulamento nas sesións plenarias para evitar actuacións que, asegurou, diminúen a credibilidade dos concelleiros.