Dan comezo as obras do paseo entre Coroso e Río Azor

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio dos traballos de construción do paseo que unirá as praias de Coroso e Río Azor. As obras, que están a ser executadas pola empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A., contan cun investimento de máis de 205 mil euros e un prazo de execución de nove meses. Con esta actuación o goberno local persigue a recuperación para o uso e disfrute público deste tramo que conta cunha lonxitude aproximada de medio quilómetro, a través da construción dunha senda peonil integrada no medio natural. O proxecto vén a sumarse a outras accións xa executadas ou en execución da mesma índole, que buscan poñer en valor o litoral do municipio e o seu uso e disfrute por parte dos veciños, como é o caso dos paseos realizados en Coroso e O Touro, e o previsto tamén para a zona da Ameixida e Área Secada, ademais da actuación que se desenvolverá no entorno da praia de Castro ou a prolongación da rede de pasarelas de A Catía.