A Praza do Hospital, lista a finais de mes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/visita_obras_hospital_provincial.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/visita_obras_hospital_provincial.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> A finais deste mes inaugurarase a praza do hospital de Pontevedra. As obras cun custe de 330.000 euros afrontan a súa recta final e dende o concello cualificano dunha reforma de alta calidade urbana. 

Esta mañá o alcalde de Pontevedra visitaba xunto co edil de urbanismo e varios técnicos municipais as obras de peonalización da que se coñecerá como praza do hospital trala súa inauguración prevista segundo a empresa executo para final de mes.

O investimento supera os 330.000€ e na actualidade tan só quedan pequenos retoques e a colocación do mobiliario urbano. Precisamente a instalación das árbores que aportarán a parte máis verde da reforma provocaron a preocupación dalgúns veciños que temen perder luz e visibilidade nos primeiros pisos con árbores desa altura.

Para unha mellora total da praza e do acceso ao centro sanitario o alcalde falará co xerente do hospital para tratar a posibilidade de eliminar varios dos muros que pechan o edificio e trasladar a caseta do Centro de Transfusión de Galicia que se atopa na entrada.

Polo de agora a praza levará o nome que xa lle puxeron algúns dos veciños e, senón se acepta, no concello elixirán un nome de muller.