‘Na Vila do Mañá’ volverá a Rianxo a semana do 11 ó 14 de xullo

RIANXO> O obradoiro de arquitectura dirixido ós máis pequenos, suma este ano un apartado mais co desenvolvemento dunhas xornadas técnicas que xirarán ó redor da muller e a súa  visión do urbanismo.

Esta mañá foi presentado no Concello unha nova edición do obradoiro ‘Na vila do mañá’, un proxecto pioneiro que arrancou en Rianxo alá polo ano 2016 e que logo se exportou con grande éxito a outras localidades galegas e mesmo a Brasil, da man da Universidade Presbiteriana Mackenzie. A iniciativa desenvolverase a vindeira semana, do 11 ó 14 de xullo.

Este ano o obradoiro levará por título ‘Na vila do mañá hai mulleres’, realizándose paralelamente ó obradoiro cos nenos, unhas xornadas nas que tomarán parte unhas dez arquitectas, que ofrecerán a súa visión sobre como debe ser o urbanismo do futuro.