Noia converterase este domingo na capital galega do savate

NOIA> O Liceo de Noia acollerá este domingo o Campionato Galego de Savate, unha modalidade de boxeo baseada en técnicas de contacto moi controlado. Contará con máis dun cento de participantes de toda Galicia e unha ampla representación de competidores locais.

Máis de 150 deportistas daranse cita este domingo en Noia para participar no Campionato galego de Savate organizado polo club ITF. A xornada comezara ásdez da mañá coas pesaxes para dar paso ás competicións. Pola maña disputarase a Copa Federación Galega de Savate de 7a  17 anos, con gran presenza de competidores locais.

Xa pola tarde comezarán as probas do Campionato galego no que os competidores Martín Iglesias e Jacobo Vilas parte como favoritos. 

Dende o concello quixeron agradecer a implicación do club que a través deste tipo de eventos contribue a manter viva a gran afección polo boxeo e deportes contacto existente na vila.