Lazareto péchase durante tres horas na Delegación de Pesca de Carril

    VILAGARCÍA> A Asociación Lazareto mantén o pulso á Xunta. Esta mañá, varios integrantes pecháronse durante preto de tres horas nas oficinas da delegación de pesca en Carril. O obxectivo: conseguir que a Consellería do Mar fixe por fin unha data para iniciar as conversas.

    Renderse non entra nos plans de Lazareto. Despois de tres días tomando as Malveiras, os membros da asociación decidiron pecharse na delegación de Carril a raíz dunha información proporcionada pola Consellería do Mar.

    O peche durou case tres horas, co presidente do colectivo encadeado á porta da delegación. Aínda que a intención era prolongar o peche ata que a Consellería fixara a data para unha xuntanza, finalmente optaron por poñer fin ó encerro.

    A pesares deste voto de confianza, Lazareto manterá as súas reivindicacións.

    Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Autonómica, pero durante o peche non se produciron incidentes. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/27/lazareto_peche_carril.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/27/lazareto_peche_carril.mp4{/flowplayer}