A Ruta do Viño Rías Baixas coróase en Fitur como a ‘Mellor Ruta do Viño de España’

MADRID> A Ruta do Viño Rías Baixas recibe en Fitur o premio Fijet como Mellor Ruta do Viño de España. A ruta recibe este premio despois do voto unánime dos periodistas e escritores expertos en turismo. Para o presidente da asociación recibir este recoñecemento e en fitur supón un orgullo e un escaparate sen igual.

A asociación española de periodistas e escritores de turismo, adscrita á federación mundial, entregou en Fitur os seus premios Fijet España 2022. Un deses premios, o de mellor ruta do viño do 2022, foi gañado, por unanimidade nos votos dos periodistas e escritores, pola ruta do viño Rías Baixas.

Para a asociación é un orgullo tanto recibir o premio como facelo en Fitur.

O presidente sinala como as claves deste éxito a unidade do sector.

Dende a Asociación Española de Periodistas e escritores de turismo destacaron toda a oferta turística que rodea á ruta do viño rías baixas.

Os periodistas e escritores destacaron a ruta pero tamén o viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Con este premio, dende a ruta do viño rías baixas agardan que máis persoas se sumen a visitar as diferentes adegas e que os datos do turismo sexan moi bos neste 2022.