VILAGARCIA> As fortes choivas que afectaron a numerosos concellos de toda a nosa contorna, deixan varias inundacións e ata 3 desprendementos en Vilagarcía. O máis preocupante tivo lugar coa caída de unha pequena parte do falso teito da gardería municipal. Isto aconteceu antes de que os nenos e nenas chegaran ás aulas. Os equipos de emerxencias tiveron que facer fronte a varias incidencias sen lamentar en ningunha danos persoais.
Vilagarcía foi un dos concellos máis afectados polas fortes choivas que caeron neste luns. Entre as 7 e media e as 9 da mañá rexistrouse unha gran cantidade de precipitacións que provocaron inundacións en numerosas rúas da vila.
Nalgunha das rúas incluso quedaron atrapados algúns vehículos.
A pesar das inundacións, dende protección civil non teñen constancia de que ningún comercio ou negocio se vira afectado. Sen embargo, as consecuencias das choivas si provocaron derrubamentos en diferentes zonas da vila. Unha delas tivo lugar en Cea, a outra e máis importante, na gardería municipal.
Tamén se rexistrou un pequeno derrubamento nun dos edificios da rúa Edelmiro Trillo preto do medio día.
En ningunha das incidencias houbo que lamentar danos persoas. Ao redor do medio día, todas as emerxencias estaban xa solucionadas.