VILANOVA> Estes bonecos levan ás súas costas quilómetros e quilómetros de viaxes e solidariedade. Pertencen a Pancho, un vilanovés que, coa súa iniciativa, busca recadar fondos para loitar contra o cancro infantil.
Todo comezou hai un par de anos, cando Pancho emprendeu a súa primeira viaxe con Lucas.
Agora tanto Lucas como a súa irmá, Sandra, recadan fondos para a Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, que reúne a 21 asociacións. Están a disposición de quen queira colaborar coa causa. A idea é darlle difusión á iniciativa para conseguir fondos.
Pero a familia solidaria de Pancho segue medrando, con novos bonecos e novas iniciativas. As últimas incorporacións son Roque e Saioa, que colaboran coa Fundación CRIS contra o Cancro.
Pancho xa ten en mente novas iniciativas. Traballa na incorporación dunha nova boneca da Asociación Xoán XXIII de Pontevedra. O obxectivo: conseguir fondos para a residencia de longa estancia e o centro de día deste colectivo.