A veciñanza de Vilagarcía apoia as medidas de restrición sanitarias

VIALGARCÍA> Vilagarcía adáptase as novas restricións sanitarias. A cidadanía está a favor de que se apliquen estas medidas e van máis alá, consideran que chegan tarde.

O aumento dos casos positivos no concello de Vilagarcía levou á consellería de sanidade a aplicar restricións no municipio. Aínda que a vila está lonxe das porcentaxes doutros concellos que están na mesma situación, dende sanidade decidiron tomar esta medida para evitar que continúe a propagación do virus. A cidadanía móstrase a favor da aplicación destas medidas.

Estas restricións supoñen a disminución da capacidade de ocupación ao 50% en locais hostaleiros e comercias e ao 75% nas terrazas. Tamén limita a 10 as reunións privadas e diminúe a capacidade de asistencia a velatorios e outros eventos.

As restricións non só contan co beneplácito da cidadanía, se non que moitos veciños opinan que as medidas son insuficientes e chegan tarde.

O que destacan tanto a administración como a veciñanza e que todas estas medidas non servirán se a xente non as cumpre. Por iso piden precaución e conciencia á xente para volver á normalidade ou a nova normalidade, canto antes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí