A CUT denuncia a precariedade laboral nas obras do AVE

    BARBANZA> Dende este sindicato acusan ó Ministerio de Fomento, a través de ADIF, de permitir esta situación. Despois de presentar a correspondente denuncia ante Inspección de Traballo, membros da Central Unitaria de Traballadores, quixeron dar a coñecer nos medios a situación que están a atravesar moitos dos traballadores das empresas que actualmente executan as obras de construción do AVE no tramo de Catoira que, na maioría dos casos, están a incumprir a lexislación laboral en materia de contratacións e prevención de riscos. A súa denuncia parte das propias queixas formuladas polos traballadores que acuden ó sindicato na busca de axuda. Dende a CUT culpan desta situación ó Ministerio de Fomento, que como promotor desta actuación, que a través de ADIF, está a consentir a vulneración da propia lei e por conseguinte dos propios dereitos dos traballadores. Todas estas situacións están a repercutir nas propias condicións de seguridade laboral, poñendo en serio risco a vida dos traballadores.