Devoción e festa na Romaría da Virxe das Cabezas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/21/romaria_cabezas_2014.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/21/romaria_cabezas_2014.mp4{/flowplayer} 

 

MEIS> Devoción e festa déronse a man hoxe na Armenteira. No entorno do mosteiro celebrouse a Romaría dedicada á Virxe das Cabezas, unha popular cita que cada ano reúne a miles de persoas da comarca e de fóra.

Para os devotos e para os que non o son tanto.

O certo é que o luns de Pascua, Romaría da Virxe das Cabezas está marcado de cor vermello en moitos calendarios.

Hainos que chegan xa a noite anterior. Outros van facéndoo ao longo da xornada. Uns son verdadeiros romeiros que camiñan ata o mosteiro. Outros, prefiren o coche. Pero todos chegan ata a Armenteira para pasar un bo día.

E é que como boa romaría, o polbo é a comida estrela. Ao longo de toda a xornada, cada pulpeiro rolda os 200kg preparados.

Para que despois digan que devoción e diversión non poden ir da man.