Os comuneiros de A Canicouva saen ao paso da polémica e piden tranquilidade

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/22/comunidade_montes_canicouva.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/22/comunidade_montes_canicouva.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Os comuneiros da Canicouva saen ao paso da polémica levantada no entorno da futura planta de compostaxe. Os veciños piden tranquilidade e insisten en que non permitirán que no seu monte se instale unha empacadora ou un almacén de lixo.

A Comunidade de Montes de A Canicouva saíu ao paso da polémica. Os comuneiros aseguran estar fartos das acusacións que están a rodear o proxecto da planta de compostaxe, e insistiron en que tomaron as decisións en base aos seus estatutos.

En rolda de prensa, os comuneiros insistiron en que foron eles os que ofreceron os terreos ao concello despois de coñecer a retirada das opcións de Campañó e Verducido, e que tomaron esta determinación porque consideran que a planta sería beneficiosa para a parroquia.

E é que negan que o acordo estea baseado en cuestións económicas.

Portela matizou que ata o de agora só se aprobou a oferta dos terreos. A Comunidade está a redactar o contrato, no que figurará unha cláusula coa que non permitirán unha empacadora ou un almacén de lixo.

Os comuneiros agardan que as xornadas técnicas anunciadas por Deputación e Concello permitan resolver algunhas dúbidas sobre o proxecto. E é que recoñeceron que botan en falta máis información sobre a planta de compostaxe para que os veciños poidan facer as súas alegacións.