O BNG esixe á Xunta un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri na Arousa

BARBANZA> O BNG pide á Xunta de Galicia un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri sobre os concellos da ría de Arousa. Máis aló do impacto ambiental, os nacionalistas alertan das negativas consecuencias sobre os miles de postos de traballo directos e indirectos que xera a actividade bateeira e marisqueira en Arousa.

O BNG volveu levar ó Parlamento o proxecto da macrocelulosa Altri. A Declaración de Impacto Ambiental que vén de ser aprobado pola Xunta recolle previsibles efectos sobre a ría de Arousa sen analizar as consecuencias a nivel socioeconómico que pode ter sobre a ría máis produtiva e que máis emprego xera en Galicia.

Máis aló do impacto ambiental, os nacionalistas esixen un informe socioeconómico da afectación  que podería ter sobre os concellos arousás.

Do mesmo xeito que a Xunta esixe informes baseados en criterios sociais e económicos ante as normativas europeas, piden dende o BNG que apliquen esas mesmas premisas antes de autorizar un proxecto que, insisten, será nefasto para Galicia.