As obras da nova rúa en Fafián marchan a bo ritmo

    RIBEIRA> As obras de apertura dunha nova vía entre a rúa Cristobal Colón, á altura do cemiterio municipal, e o lugar de Fafián, van a bo ritmo. A actuación, que está a ser realizada pola empresa C. Aldasa, S.L.U cun investimento de máis de 278 mil euros, está cofinanciada polo Concello e a Deputación da Coruña. O prazo de execución son de tres meses aproximadamente. A nova vía permitirá unir a zona do cemiterio municipal e a rúa Blanco Amor, en Fafián, o que posibilitará dar continuidade á circulación de vehículos, e solucionar así os problemas de tráfico que se producen no lugar, ó non haber saída. A zona de calzada proxectada contará con dous carrís de circulación e anchura variable. Ademais, instalaranse beirarrúas en ambas marxes cunha anchura de metro e medio e unha nova liña de abastecemento de auga e saneamento.