COGAMI inicia un curso de actividades de venda

    BOIRO> A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, iniciou esta semana, na casa da cultura da Cachada en Boiro, un curso de formación profesional sobre ‘Introdución a actividades de venda’ no que están a tomar parte unhas trece persoas, na súa totalidade homes, veciños todos eles da comarca do Barbanza. O curso está financiado pola consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social e o Fondo Social Europeo, no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na nosa comunidade. Esta acción formativa, que conta cunha duración de 230 horas lectivas, desenvolverase ata maio. Servirá para que os alumnos participantes poidan adquirir capacidades en actividades de venda profesional, afondando na utilización de ferramentas informáticas nos procesos de comercialización.