O CEIP San Tomé crea canteira en matemáticas cun método canadense

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/matematicas_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/matematicas_cambados.mp4{/flowplayer} 

     

    CAMBADOS> O colexio San Tomé de Cambados está a experimentar cunha nova metodoloxía para ensinar as matemáticas: JUMP MATH. O centro é un dos dezaoito de toda Galicia que dende hai un mes traballa con este sistema, que aposta por facer as clases máis participativas, pola avaliación continua e por dividir as leccións en unidades máis pequenas. Polo de momento trátase dunha experiencia piloto: só se puxo en marcha nos cursos de 5º de primaria.

    Que as matemáticas deixen de ser o óso para a maioría dos alumnos, é o obxectivo desta innovadora metodoloxía de aprendizaxe.

    Máis participación, avaliación continua e división das leccións en unidades máis pequenas son as claves do método JUMP MATH. Dende hai un mes está a aplicarse no colexio San Tomé para os alumnos de quinto de primaria.

    JUMP MATH foi importado dende Canadá pola Fundación Telefónica. Noutros países quintuplicar a taxa de sobresaíntes en dous anos pero… que opinan os pioneiros cambadeses?

    En España, chegou primeiro a Cataluña. Agora, deu o salto a cinco comunidades máis, entre elas Galicia. Aquí son dezaoito os colexios que o implantaron, alcanzando a preto de 600 alumnos de quinto de primaria.

    Hoxe foi a súa posta de longo no colexio, á que tamén asistiron os profesores dos outros centros que tamén están a participar na implantación deste método, dirixido a crear máis vocacións tecnolóxicas.

    O método aplicarase, nun principio, durante este semestre. Despois, a Universidade Autónoma de Barcelona será a encargada de realizar un estudo sobre o impacto e os resultados, para valorar a súa implantación masiva.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí