As “mulleres perigosas” xa están en Pontevedra

Pontevedra> A presidenta da Deputación e o alcalde da cidade inauguraron esta mañá o Encontro de mulleres columnistas. Unha cita, organizada polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López, na que participarán mulleres de diferentes ámbitos e idades, co fin de deixar patente, que a muller ten e xera moita opinión,  e que as mulleres que opinan son perigosas.

Hoxe comezou en Pontevedra o encontro de mulleres columnistas, As mulleres que opinan son perigoas, unha cita organizada polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López e que contou dende o primeiro momento coa colaboración do Concello de Pontevedra a e Deputación provincial. Un encontro que nace co obxectivo de poñer sobre a mesa todas as mulleres que xeran opinión.

Un encontro que conta cun nivel top de mulleres xornalistas, escritoras, de mulleres que teñen moito que dicir e que aportar na actualidade.

Un encontro que conta ademais cunha temática moi variada e diversa, para todos os gustos e cores.

Un encontro do que aínda poderán desfrutar mañá dende as 10:30 ata as 14:30 e pola tarde de 17:00 a 21:00 no Teatro Principal, a entrada xa o saben é de balde,  unha cita á que todos están convidades e que paga moito a pena coñecer e asistir.

Xa o saben a coñecer a esta mulleres perigosas en persoa que paga moito a pena, e senon poden asistir poden seguir en directo a través de www.canalriasbaixas.tv toda a actualdiade que nos deixa este encontro de mulleres columnistas.