A Xunta recorre ós Bolechas para promover hábitos de vida sans

SANTIAGO> As coñecidas personaxes de Pepe Carreiro intentarán guiar ós nenos galegos para que aprendaN a levar unha dieta saudable e animalos a facer exercicio. Son os consellos que se inclúen na súa nova aventura: ‘Os Bolechas educan a Pepiño Chispa’. A obesidade infantil é unha das afeccións que máis está a aumentar en Galicia. O 26 por cento dos cativos de entre 6 e 12 anos rexistran actualmente sobrepeso e un nove por cento xa son obesos. Educar ós nenos nas idades máis temperás é vital para evitar futuras enfermidades e complicacións derivadas destes trastornos. E para iso, a Xunta non tivo outra idea que botar man dunhas personaxes ás que estes nenos prestan moita atención. Os Bolechas, serán os encargados de dar consellos ós pequenos de toda Galicia para que aprendan a comer de forma saudable e levar un ritmo de vida san. ‘Os Bolechas educan a Pepiño Chispa’ será o complemento de lecer para ese plan de obesidade infantil no que se incluirá un protocolo de diagnose de problemas de obesidade, e que permitirá elaborar pautas específicas para tratar de erradicar unha patoloxía, que segundo a Xunta, lles comeza a preocupar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/PLANHABITOSSAUDABLES.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/PLAN_HABITOS_SAUDABLES.mp4{/flowplayer}