A Unión Europea renova o acordo pesqueiro con Guinea Bisau

GALICIA> A Unión Europea vén de asinar a renovación do acordo pesqueiro con Guinea Bisáu, suspendido dende xuño de 2012 tras o golpe de Estado nese país africano. O convenio beneficiará a un total de 16 barcos cefalopodeiros galegos, que xa poderán comezar a traballar o próximo mes de novembro. A nova foi moi ben acollida polo sector, xa que de confirmarse ese número habería cabida para a totalidade dos buques que quedaran despois da expulsión de Mauritania, hai agora máis de dous anos. Bruselas desenvolsará ó redor de 9,2 millóns de euros ó ano por este acordo, que terá unha vixencia de tres anos.