O PPdeG constitúe en Porto do Son a Comisión do Mar

PORTO DO SON> A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acompañada pola vicesecretaria territorial do PP da provincia da Coruña, Rosa Quintana, visitou a zona portuaria de Porto do Son antes de participar na constitución da Comisión de Mar, un órgano co que os populares pretenden poñer en valor o sector pesqueiro galego, que seguirá a ser un dos seus principais eixes do seu programa.

Precisamente un dos temas abordados nesa primeira xuntanza da Comisión foi a problemática da xestión do dominio público-marítimo terrestre.

Para os populares resulta prioritario que o Goberno Central remate coas súas escusas e dea por fin o paso para que a costa galega deixe de estar xestionada desde un despacho de Madrid.

A Comisión de Mar está presidida polo coordinador desta área, Antonio Basanta, e dela son membros tamén o eurodeputado Francisco Millán Mon, a deputada autonómica Teresa Egerique, o deputado nacional Joaquín García Díez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí