Conta atrás no Salnés para a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora

SALNÉS> O Centro de Información á Muller da Mancomunidade ten previstas varias iniciativas para reinvidica-lo papel da muller no panorama laboral. Para iso, vanse levar a cabo varias conferencias para promove-lo emprendemento empresarial entre as mulleres.

O programa de actos que organiza o Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés abrangue dúas liñas de actuación: unha centrada na infancia e outra nos maiores.

Na vertente infantil, nos oito centros educativos dos tres municipios se van levar a cabo varias xornadas educativas contra os estereotipos profesionais.

No caso das persoas adultas, vanse desenvolver almorzos informativos en Meis, Ribadumia e Cambados, os tres concellos que forman parte do CIM da Mancomunidade, entre o 5 e 7 de marzo. Nesas xuntanzas porase en valor o empoderamento feminino. As actividades para maiores compleméntanse, ademais, coa programación propia de cada concello. En Meis, por exemplo, centraranse no papel da muller emigrante retornada.

O día 8, darase lectura simultánea en cada unha das localidades a un manifesto conxunto.