A Deputación da Coruña convoca o Premio Rosalía de Castro

A CORUÑA> A Deputación da Coruña abre o prazo de presentación de candidaturas para o V Premio de Lingua e Literatura Rosalía de Castro. Este certame forma parte dos dez premios que este ano convoca a institución provincial no campo cultural, dos servizos sociais, de igualdade e de normalización lingüística. O obxectivo do premio é recoñecer a promoción e dignificación do noso patrimonio lingüístico que de forma desinteresada leven a cabo persoas individuais ou institucións. De feito, o premio pode destinarse tanto a persoas, colectivos ou entidades comprometidas con este obxectivo. O premio, único e indivisible, está dotado con 4.500 euros, e entre os méritos valorarase non só que se desenvolva unha tarefa continuada a favor da lingua e a cultura, senón tamén actuacións concretas para a súa dignificación. Ademais, terase en conta o uso habitual do galego e as campañas publicitarias nesta lingua, entre outras. O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de abril. Os interesados poden consultar as bases completas no Boletín Oficial da Provincia