Aberto o prazo de inscrición no programa ‘Activate+’

    BOIRO> A través deste programa de envellecemento activo levaranse a cabo diversas actividades que inciden na mellora da calidade de vida dos maiores do municipio. Os éxitos obtidos o pasado ano con este programa denominado ‘Actívate +’ foron unha das principais razóns que levaron o concello de Boiro a repetir experiencia. A iniciativa presentada esta mañá é posible tamén grazas a unha subvención da Deputación da Coruña, que financiará integramente este programa de envellecemento activo que constará de dous obradoiros: ‘Coidate despois dos 55’ e ‘Actívate coa música’. O único requisito para tomar parte neste programa será ser maiores de 55 anos e estar empadroados no concello. Está previsto a súa realización non só no casco urbano, senón tamén polas distintas parroquias do concello. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, destacou a importancia deste programa que ten coma principal finalidade mellorar a calidade de vida das persoas maiores do municipio As inscricións deberán realizarse no departamento de Servizos Sociais xa que o número de prazas ofertadas é limitado.