A Mancomunidade aposta polo turismo internacional para O Salnés

    O GROVE> O Salnés quere internacionalizarse. A mancomunidade ven de apostar por dar a coñecer a comarca nos mercados estranxeiros para capear a crise do turismo nacional. Con este obxectivo, elaboraron un coidado e orixinal material promocional destinado, principalmente, os turistas rusos, alemáns e ingleses.

    Empregando España como reclamo e Galicia como referencia, a Mancomunidade busca que o Salnés supere as nosas fronteiras.

    Nesta nova estratexia turística, a Mancomunidade apóiase en materiais de promoción dispoñibles en inglés, alemán, ruso e castelán. Ademais dunha aplicación para teléfonos intelixentes e unha guía turística, distribuiranse vídeos específicos para os mercados internacionais elaborados por esta casa.

    Nesta aposta, a Mancomunidade conta co apoio da Axencia Galega de Turismo.

    Unha colaboración público-privada que se pode escenificar o vindeiro día 20 deste mes, en Rusia. A Axencia Galega de Turismo asistirá á Feira sectorial do país, un evento ó que están 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/12/turismo_mancomunidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/12/turismo_mancomunidade.mp4{/flowplayer}