A ‘Moreniña’ volveu a surcar a Ría seguida de numerosas embarcacións

RIANXO> Un ano máis os rianxeiros volcáronse coa Virxe da Guadalupe na súa tradicional procesión. A comitiva partía pasada a unha da tarde da capela emprazada na praza Castelao onde se celebrou a misa solemne na honra da ‘Moreniña’. De aí ó porto, onde máis de trinta embarcacións agardaban á Virxe para seguila no seu tradicional paseo marítimo.

Á cabeza o alcalde, Adolfo Muíños, acompañado do resto de autoridades, que quixeron sumarse tamén a esta homenaxe á virxe mariñeira.

Tanto por mar coma dende terra, centos de fieis presenciaron emocionados a procesión, que rematou coa tradicional ofrenda floral ante a escultura da Guadalupe na praia de Tanxil, en homenaxe a tódolos mariñeiros falecidos.

Por diante, queda aínda toda unha semana de festas que culminarán o próximo venres coa tradicional cantata da rianxeira na que miles de bengalas alumearan unha noite máxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí