O entorno do centro de día e a residencia pobrense será acondicionado

    POBRA> A actuación prevista para este espazo ascende a uns 220 mil euros e será financiada en parte cos fondos do Plan DTC da Deputación da Coruña. Ademais dun fin estético, xa que se trata dunha zona bastante degradada, o executivo pobrense persegue con este proxecto, a construción dunha área de lecer para uso e disfrute dos numerosos usuarios, tanto da residencia de maiores coma do futuro centro de día, que se contrúe nas inmediacións. A actuación, cun investimento duns 220 mil euros, será sufragada na súa maior parte pola Deputación da Coruña, a través do Plan DTC, e o resto será asumido polas propias arcas municipais con cargo ós seus presupostos. A intención do executivo local pasa por levalo a pleno na vindeira sesión plenaria para a súa aprobación. Unha vez realizado este trámite as obras sairán a concurso para a súa adxudicación. Un proceso que o propio alcalde confía en que poida levarse a cabo antes do verán. Entre as obras a realizar figura o empedrado da zona, a plantación de árbores e a instalación de novo mobiliario urbano e alumeado.