Mar ratifica en Ribeira o seu compromiso co sector transformador

RIBEIRA> A Conselleira do Mar visitou as instalacións de Frigoríficos do Palangre en Ribeira. A empresa, dedicada ó comercio maiorista de produtos pesqueiros, beneficiouse das axudas autonómicas para a mellora das instalacións das pemes dedicadas á transformación de peixes e mariscos.

Fripalsa resultou beneficiaria na convocatoria do pasado ano dunha axuda de 1’3 millóns de euros para a mellora da liña de conxelación de especies peláxicas. Trátase dunha axhega plurianual a executar entre 2021 e 2022 destinada a acondicionar unha nave anexa á actual fábrica para desenvolver un novo sistema de produción máis eficiente que redunde nunha maior calidade do produto e aforro enerxético. As melloras incluirán tamén unha única liña automatizada de conxelado rápido individual con postos de pesada e etiquetado para mellora a trazabilidade.

No marco destas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, Mar leva concedidos dende o 2016 máis de 72 millóns de euros.

O alcalde de Ribeira agradeceu o apoio inversor da administración autonómica e o compromiso dos empresarios do sector cunha aposta pola innovación ó longo de todo o proceso  de transformación.

Durante a súa visita a Ribeira, a Conselleira achegouse tamén ata as instalacións da empresa A Poutada, dedica ó subministro de efectos navais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí