Arousa Norte aproba o seu orzamento para este ano 2014

    BOIRO> Os presupostos da entidade supramunicipal ascenden a uns 173 mil euros e foron aprobados nun pleno extraordinario celebrado esta mañá. A sesión plenaria do ente supramunicipal tiña como principal finalidade a aprobación definitiva dos orzamentos para o presente ano 2014, que ascenden a preto dos 173 mil euros. A suma das aportacións individuais de cada concello, uns 42 mil euros. A mancomunidade está tamén á espera da resolución da propia Dirección Xeral de Turismo para a renovación do convenio para continuar co desenvolvemento do seu Plan de Dinamización Turística. Un feito que suporía unha importante inxección económica para a entidade. No pleno tamén se deu luz verde á modificación dos estatutos da mancomunidade, coa finalidade de adaptalos á lei de Réxime Local.