Os socios da FEB contarán con vantaxes financeiras grazas ó convenio co Pastor

    BOIRO> A Federación de Empresarios do Barbanza vén de asinar un convenio co Banco Pastor para favorecer a fluidez do crédito entre os seus asociados. Trátase do terceiro convenio que establece a patronal cunha entidade financeira. O convenio asinado polo presidente da FEB e o director rexional do Banco Pastor implicará unha serie de vantaxes financeiras para os dous mil asociados da Federación no referente á obtención de créditos, anticipos para o financiamento de importacións e exportacións, avais e outro tipo de produtos bancarios. Búscase polo tanto a dinamización do tecido empresarial da comarca, nun momento no que comeza a repuntar a actividade económica. Precisamente o Grupo Popular no que se integra o Banco Pastor sitúase á cabeza por terceiro ano consecutivo na concesión de créditos ICO. Trala sinatura deste convenio xa son tres os acordos establecidos con entidades financeiras. A federación pretende seguir traballando nesta liña para favorecer a o crecemento do empresariado local a través das facilidades para a obtención de crédito.