Stolt Sea Farm faise con seis parcelas no polígono rianxeiro de Té

RIANXO> O consello de administración de Solo Empresarial do Atlántico, que xestiona o parque empresarial de Té en Rianxo, vén de aprobar a adxudicación de seis novas parcelas neste polígono, cunha superficie total de preto dos 45 mil metros cadrados.

A compra do terreo no parque empresarial rianxeiro realizouna a empresa de acuicultura Stolt Sea Farm, por un importe de 2,9 millóns de euros.

A operación, da que xa se informou ó Concello, supón a adxudicación de máis do 20% de solo neto do polígono, no que, a día de hoxe, tan só quedan dispoñíbeis xa 7 parcelas, superando unha ocupación do 86%.

O proceso de compra Stolt Sea Farm súmase á adxudicación de outras tres parcelas máis neste parque empresarial, pendentes aínda da correspondente sinatura ante notario, que foron adquiridas por tres empresas diferentes, vinculadas tamén ó sector pesqueiro, á maquinaria industrial e á reciclaxe, das que aínda non transcendeu o seu nome.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí