Julián Bustelo repetirá coma cabeza de lista de ‘Rianxo en Común’

RIANXO> Era algo que xa se intuía, pero polo de agora non había confirmación oficial.

Julián Bustelo repetirá coma cabeza de lista de ‘Rianxo en Común’ ás vindeiras eleccións municipais de maio.

A asemblea decidiu por unanimidade que volvera a liderar a formación, despois do bo traballo realizado ó longo destes catro anos na oposición na corporación municipal onde contaban con dous concelleiros.

Bustelo di asumir este novo reto con enorme ilusión, co compromiso de seguir na liña marcada estes últimos anos na defensa dos intereses dos veciños, co convencemento de que ‘Rianxo en Común’ é imprescindible para recuperar Rianxo.

A súa presentación coma candidato terá lugar o vindeiro 28 de xaneiro nun acto oficial que se celebrará no auditorio municipal.