O BNG da Pobra pide información sobre as axudas para o desprazamento dos estudantes

    POBRA> O BNG da Pobra reclama información ao concello sobre as axudas a estudantes para o desprazamento aos centros de ensino ubicados fóra do municipio.

     

     

    Esta é unha reivindicación que vén de lonxe. O voceiro do bng pobrense manifestou que xa no pleno ordinario de setembro do pasado ano, aprobárase por unanimidade unha moción que incluía este acordo. Coas bases das axudas aprobadas, éstas non foron tramitadas polo goberno municipal ata o 16 de febreiro, tal e como afirman os nacionalistas. E non foi ata o pleno de abril deste ano cando se aprobaron definitivamente tralas alegacións. Ouviña explicou que ante esta falta de información o BNG vén de presentar un escrito no concello no que esixe desposta a estas preguntas. A totalidade das axudas para o desprazamento de estudantes do ano pasado ascendía a 1.500 euros.