Morre atropelada cando cruzaba un paso de peóns

    BOIRO> Unha muller de 67 anos, María del Carmen Alonso, falecía a última hora da tarde de onte despois de ser atropelada na estrada provincial DP-1.106, á altura do lugar de San, na parroquia de Abanqueiro. Neste paso de peóns, na estrada provincial DP-1.106 que une Boiro con Abanqueiro, á altura de San, foi o lugar no que se produciu o tráxico suceso, no que perdeu a vida María del Carmen Alonso, veciña da localidade de 67 anos. A muller foi atropelada cando cruzaba a estrada, pouco despois das oito da tarde. A virulencia da acometida fixo que a falecida Ata o lugar do suceso achegáronse diversos equipos de emerxencia, unha ambulancia do 061 con persoal facultativo, así como tamén Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Trátase dunha estrada con moita densidade de tráfico, na que os propios veciños da zona, se viñan queixando dende hai tempo da alta velocidade á que circulan os vehículos por ela, moitos dos cales non respectan as sinais e os límites de velocidade.