Atropelan a un home nun paso de peóns da Pobra

     POBRA> Un home de 75 anos recupérase no Hospital Clínico de Santaigo tras ser evacuado onte en helicóptero despois de ser atropelado nun paso de peóns da Pobra do Caramiñal. A consecuencia dun forte golpe na cabeza o home quedou inconsciente.  

    O accidente produciuse ás cinco da tarde. Unha persoa que o presenciou chamou ó 112 informando de que un home septuaxenario fora atropelado por un coche nun paso de peóns. Casualmente unha doutora que pasaba pola zona fíxolle unha primeira exploración e localizou un forte golpe na cabeza. Este é o paso de peóns no que un turismo atropelou ó home. Está ubicado no lugar da Devesa, a un quilómetro do centro da Pobra en sentido Ribeira, Non era a primeira vez que este lugar era escenario de incidentes deste tipo.Os veciños do lugar quéixanse da sinalización e, sobretodo, da velocidade que alcanzan os vehículos nesta zona que ten un límite de 50. Para eles, unha solución para evitar desgrazas coma a de onte pararía por unha mellor sinalización