![]()
PONTEVEDRA> Vilagarcía e Pontevedra son dous dos nove concellos da provincia nos que se mellorará a accesibilidade dos centros de votación.
{flowplayer}images/salnes/CONVENIO_COGAMI.flv{/flowplayer}
A imposibilidade de realizar esta adaptación no 315 municipios de Galicia levou a COGAMI a centrarse só en Pontevedra, en concreto en nove concellos con máis de 20.000 habitantes. É o contido do convenio asinado esta mañá entre o colectivo, consellería de Administracións Públicas, Deputación de Pontevedra e Instituto Galego de Vivenda e Solo. As obras a realizar nos centros ascenden a 50 mil euros. A metade será financiada polo organismo provincial, e a consellería de Presidencia e o Instituto de Vivenda cubrirán a partes iguais a outra metade.
A propia cidade de Pontevedra ou Vilagarcía están entre os nove concellos da provincia nos que se van a eliminar as barreiras arquitectónicas nos colexios electorais. Antes de executar as obras, técnicos de COGAMI realizarán unha auditoría dos centros para determinar necesidades e o alcance das actuacións.
Redacción Salnés








