A ocupación no Barbanza xa roza o oitenta por cento

    ocupacionsemanasanta100.jpgBARBANZA> Os hostaleiros do Barbanza agardan unha ocupación ó redor do 80% para esta Semana Santa, unha cifra superior á do pasado ano.

    {flowplayer}barbanza/ocupacionsemanasanta.flv{/flowplayer}

    As previsións de ocupación para a Semana Santa na maioría dos establecementos hostaleiros do Barbanza sitúanse a día de hoxe, á falla dunha semana para o inicio das vacacións, ó redor do 80%. Unha cifras significativamente mellores que as vividas o ano pasado.

    É o caso do camping Ría de Arosa, en cuxas instalacións na Pobra e en Ribeira, teñen case o cartel de completo.

    No Hotel Lombiña da Pobra do Caramiñal o nivel de reservas mantense en cifras semellantes ó pasado ano.

    Boas expectativas

    As persoas interesadas en pasar estas datas festivas na comarca xa comezaron a facer as súas reservas, que a estas alturas son incluso maiores que as rexistradas outros anos, un feito que os propios hostaleiros consideran un bo indicio de cara a que se cumpran as súas expectativas, deixando á marxe o problema da crise.

    Fundamentalmente as reservas realizadas son para as xornadas do xoves e do venres santo, prolongándose a estancia no mellor dos casos ata o sábado ou o domingo. Aínda así, todo está tamén moi condicionado pola climatoloxía, e se as condicións meteorolóxicas non acompañan hai clientes que optan por cancelar a reserva que xa realizaran.

    Na maioría dos casos o perfil das reservas coincide, trátase de pequenas familias, principalmente da propia comunidade, que aproveitan que non hai clases durante esta época para realizar viaxes de varios días cos seus fillos.

    Redacción Barbanza