O executivo sonense xestiona a construción dun novo centro de saúde

PORTO DO SON> O executivo sonense xestiona coa consellería de Sanidade a construción dun novo centro de saúde na localidade. Dende o Concello apuntan a que o actual dispensario non reúne as condicións mínimas para dar un servizo axeitado ós veciños.

Problemas de accesibilidade e de aparcamento, ou mesmo a falla de espazo, son só algunhas das carencias que presenta o actual centro de saúde sonense. Conscientes de que investir na reforma dunhas instalacións deficitarias é un erro, dende o executivo están a dar os primeiros pasos coa consellería de Sanidade para tratar de chegar a un acordo que permita a construción dun novo dispensario.

Nos plan dos goberno local estaría poder emprazar o novo edificio nunha parcela de titularidade municipal situada no lugar de Xío. O Concello deberá realizar un informe urbanístico, adecuar a parcela e posteriormente cederlla á consellería de Sanidade para poder construir o novo ambulatorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí