Costas procede á apertura da pasarela sobre o río Té

    RIANXO> A nova infrestrutura realizada en aceiro supuxo un investimento de preto dos 300 mil euros, que foron sufragados na súa totalidade polo ministerio de Medio Ambiente. Transcorridos máis de oito meses dende aquel acto vandálico que provocou o peche da infraestrutura, no mes de xullo, as dúas beiras do río Té, a de Rianxo e a de Taragoña, volven a estar unidas, coma sempre deberan. A nova infraestrutura é metálica, está realizada en aceiro, tratado con pinturas e protectores especiais, e consta tamén de partes en ferro e o piso de madeira. O ministerio de Medio Ambiente, a través da Demarcación de Costas en Galicia, foi o encargado de sufragala, cun investimento próximo ós 300 mil euros. Dende o concello rianxeiro agradeceron esta importante inversión, e tamén a dilixencia na execución dos traballos, xa que a obra de substitución da infraestrutura, non foi sinxela. O tenente de alcalde, Carlos Gey, amosou tamén a súa satisfacción polo resultado da obra. Aínda así, mostrouse resignado ó non poder dar co posible autor ou autores da gamberrada. A apertura da ponte tampouco paso desapercibida entre a veciñanza, que xa están a empregar esta infrestrutura pola que levaban moito tempo agardando.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí