O alcalde de Noia sae ó paso da polémica sobre a edificabilidade dos terreos para o centro de saúde

NOIA> Polémica en Noia en torno a á parcela para a construción do futuro centro de saúde. O alcalde explicou que os 1400 metros cadrados de terreos postos a disposición da Xunta son suficientes para executar o novo inmoble e non se descarta a adquisición de máis parcelas para zona de estacionamento.

O alcalde de Noia considera que o PSOE está a xerar alarma social e confusión con respecto á edificabilidade do futuro centro de saúde. Se ben no convenio asinado con Sanidade figuraba unha parcela de 1900 metros cadrados os terreos que se puxeron a disposición da Xunta roldan os 1400, superficie máis que suficiente, afirma o rexedor, para acometer as novas instalacións.

O concello busca así axilizar a tramitación do novo servizo sen descartar a adquisición futura de novas parcelas destinadas a zona de estacionamento.

Se a tramitación segue os prazos establecidos, o novo centro de saúde podería entra en servizo antes de finais de 2025.