A oposición de Lousame considera aberrante o sistema de xestión de residuos do proxecto

    O tema da planta de residuos chega a pleno dúas semanas despois de que se publicara no DOGA o proxecto para a construcción en Lousame dun centro de xestión ambiental. Rapidamente correu a preocupación entre os veciños do munipio. A polémica chegou incluso ao parlamento europeo. 

     

    En Lousame non se fala doutra cousa. A Xestora de Residuos do Noroeste, ese é o nome que lle poría á planta a empresa que promove o proxecto e cuxas autorizacións están aínda en trámite.  A preocupación entre os veciños, sobre todo das parroquias máis próximas á ubicación, Servia e Mirón, é tal, que levou á creación da plataforma vecinal contra o macrovertedoiro, o que algúns xa chaman “a nova sogama”. A causa da polémica, a planta de xestión de residuos, ocuparía unha superficie de máis de 190.000 metros cadrados e estaría ubicada nas inmediacións do Monte Culou. O proxecto incluiría un vertedoiro con capacidade para 1,1 millóns de metros cúbicos de residuos. O centro previsto, segundo o plan,  dedicaríase á clasificación e valorización dos residuos non perigosos que cheguen á planta; ao almacenamento de materiais perigosos e non perigosos, e ademáis, ao depósito no vertedoiro dos restos non aprobeitables. Desde o BNG consideran “aberrante”, esta fórmula de xestión de residuos.  En representación da agrupación nacionalista de toda a comarca do Barbanza, quixeron tamén transmitir o apoio á toda a veciñanza á hora de denunciar esta situación. Desde o partido socialista quixeron especificar que a súa abstención no tocante á moción da plataforma vecinal, débese principalmente ao punto dous da mesma, xa que consideran que pode perxudicar aos traballadores da planta de reciclaxe que xa existe en Lousame. Tamén se manifestou en contra deste proxecto a eurodiputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lidia Senra. Esta fin de semana reuniuse coa veciñanza e membros da plataforma, para escoltar de primeira man as súas reivindicacións. Senra deixou registrada xa esta semana no Parlamento Europeo unha pregunta por escrito  dirixida á Comisión na que denuncia que o vertedoiro incumple diferentes directivas internacionais e galegas. Insta ás institucións da Unión para que desde Bruxelas se investigue o tema.