Miguel Ángel Iglesias optará á reelección como patrón maior de Rianxo

RIANXO> O patrón maior de Rianxo optará á reelección. A intención de Miguel Ángel Iglesias é manterse á fronte da confraría para dar continuidade ós numerosos proxectos iniciados nos últimos anos. Entre eles, o convenio asinado con Vilanova para o aporte de áridos en varias concesións. Miguel Ángel Iglesias confirmou a súa intención de repetir como patrón maior de Rianxo. Presentarase ás eleccións previstas para o vindeiro 29 de setembro. A reelección non será tan doada posto que xa se conformou unha candidatura alternativa que ten por obxectivo coller as rendas do pósito. En base á súa boa xestión, Iglesias confía en obter o respaldo maioritario dos socios para poder dar continuidade a numerosos proxectos. Entre eles, os acordos co concello de Vilanova ou con Jealsa para a rexeneración de zonas improdutivas