O Salnés mobilízase a prol da educación e da sanidade públicas

    SALNÉS> A nova Lei de Educación volve sacar á rúa os estudantes. Decenas de mozos e mozas do instituto meco Monte da Vila manifestáronse esta mañá contra a nova regulación do sistema de educativo.  Unha norma que, aseguran, aumentará as desigualdades.

     

    Os estudantes do Instituto Monte da Vila fixéronse eco do descontento que está a xerar na comunidade educativa a coñecida como Lei Wert. 

    Unha educación pública, gratuíta, de calidade e igualitaria é o que piden. Pero son calidades que ven en grave risco por mor da nova norma. Por iso, cargan contra o goberno.

    E é que, aseguran, os recortes en sanidade e educación son só dous dos resultados máis visibles dunha crise máis profunda.

    Por iso saíron hoxe a rúa. Conscientes do papel que, como mozos, deben xogar no futuro.

    De feito, manterán as súas protestas respondendo ás convocatorias que en vindeiras datas realice o Sindicato de Estudantes dende Madrid.

    E se no instituto Monte da Vila mobilizábanse a prol da educación pública, fronte ó Hospital do Salnés facían o propio polo sistema sanitario. Profesionais e pacientes reuníronse ás portas do centro para protestar polo que xa consideran unha baga de privatizacións dos servizos.

    O futuro da sanidade pública tamén preocupa. Pacientes e profesionais demostrárono hoxe unha vez máis ás portas do Hospital do Salnés.

    Que non se substitúen as baixas ou as vacacións, que se recorta en material ou que hai menos enxoval dispoñible, son algúns dos efectos que as medidas teñen no día a día de pacientes e persoal. 

    Advirten que manterán as mobilizacións contra este tipo de medidas, tanto no Hospital do Salnés como noutros centros sanitarios.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/26/protesta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/26/protestas.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí