Moción ao pleno en contra da supresión do pediatra de tarde en Cambados

CAMBADOS> O edil de Somos Cambados, Tino Cordal, levará a pleno unha moción para instar ao Sergas para manter o servizo habitual de pediatría na instalación cambadesa.
O concelleiro de Sanidade, Tino Cordal, queixouse as portas do centro sanitario cambadés da inminente supresión das consultas, en horario de tarde, de pediatría despois de que unha das pediatras solicitase unha excedencia, polo que presentará unha moción no pleno na que instará ao Sergas para manter o servizo habitual de esta área.
Cordal considera que a consulta da tarde é fundamental para todas aquelas familias que por conciliación da vida familiar e profesional non poderían acudir noutra quenda.
Segundo o edil a partir de agora e si non hai solución os rapaces de Cambados que precisen atención pediátrica pola tarde deberán de acudir ao Hospital de O Salnés.
Segundo o voceiro de Somos Cambados, e membro do equipo de goberno da vila, non están dispostos a deixar pasar esta situación, e asegura que estarán ao lado dos veciños para reclamar por todas as vías ao seu alcance que non se produza a supresión de este servizo, que cualifica de tan importante para os cambadeses.