Tráfico pon en marcha un dispositivo para a operación saída de agosto

    SALNÉS > Ás tres da tarde comezou a operación saída de agosto. Para atender ós máis de 3 millóns de viaxes por estada que se prevé que se fagan nestes días a Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha dende hoxe un dispositivo de seguridade que tentará diminuír a cifra de 40 mortos e 59 feridos do ano pasado.

    operacionsaida_300_310707__still_001.jpgAmpliarase o número de axentes nas estradas ate máis de 8.000 e contarase con máis de 400 funcionarios e persoal técnico especializado que atenderán labores de supervisión, regulación e información dos distintos centros de xestión do tráfico. Ademais 18 helicópteros actuarán en misión de vixilancia por diferentes puntos de España. Para o control de velocidade os axentes contan cuns 250 vehículos para a detección de infraccións.

    As previsións apuntan que as horas mais complicadas son as comprendidas ó longo da tarde e comezos da noite de hoxe e a mañá do mércores. As vías máis utilizadas serán as que levan ata zonas de costa e os desprazamentos afectarán sobre todo ás saídas e retornos das grandes cidades. Este ano prevese que se incrementen os desprazamentos na mañá do mércores.

    A Dirección Xeral de Tráfico aconsella que os que vaian realizar desprazamentos obteñan información previa do traxecto que se vai a utilizar, revisen o estado do vehículo antes de comezar o camiño, fagan descansos cada dúas horas e cumpran as normas de circulación e de seguridade. Para os conductores interesados Tráfico ofrece gratuitamente información do estado da circulación para unha correcta planificación dos viaxes por estrada a través da súa páxina web www.dgt.es , a través do teletexto de diferentes cadeas de televisión, a través de boletíns informativos nas emisoras de radio e a través do teléfono 900 123 505.

    Redacción Salnés