Recta final das obras de mellora da estrada de Cabanelas

    RIBADUMIA > Ribadumia está a piques de rematar unha das obras máis importantes que acometeu nos últimos tempos. A remodelación da estrada que vai de Ribadumia a Cabanelas. A obra, executada en varias fases, está chegando ó seu remate coa mellora do entorno que vai da piscina municipal á zona do Cruceiro.

    Varias máquinas traballan na zona do Cruceiro de Cabanelas, unha das últimas fases desta obra que permitiu ampliar unha das estradas máis transitadas de Ribadumia, posto que vai dar ó polígono de Cabanelas. Só queda por rematar neste tramo o pavimentado e o pintado para dar por finalizada a obra. O concello agradécelle ós veciños a cesión de terreos para realiza-la obra xa que en varios tramos foi preciso tirar incluso algunha edificación para amplia-la estrada. Os traballos correron a cargo da Deputación de Pontevedra, pero o Concello aproveitou para dotar de servizos a outras pistas adxacentes, como é o caso da do propio Cruceiro, onde hai un núcleo de vivendas.
    Redacción Salnés