CAMBADOS> Cambados bota a andar o proxecto para a súa nova praza de abastos. O alcalde e o presidente da Deputación asinaron esta mañá o convenio para a redacción do proxecto que deixa á vila un paso máis cerca dunhas instalacións máis modernas e ambiciosas.
Cambados aposta pola súa praza de abastos. O concello lidera un ambicioso proxecto para remodelar a actual e mellorar así a fachada litoral da vila.
Segundo o alcalde, a zona da praza é unha das máis degradadas da vila. Por iso, a mellora é prioritaria, xa que a mala situación pode afectar ós máis de 70 vendedores que empregan as instalacións.
Iso si, os cambios traerán un mercado de abastos cunha nova filosofía.
Nestes traballos, Cambados non estará só. Para a primeira fase, o concello conta co apoio da Deputación, que achegará máis de 72 mil euros para financiar a redacción do proxecto básico. Nas outras fases, terán a axuda de Xunta e do Ministerio de fomento.
O proxecto contará cun orzamento total que rondará os 4 millóns de euros. Aragunde e Louzán agardan que os traballos sobre o terreo poidan arrancar a finais deste ano.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/27/convenio_praza_abastos_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/27/convenio_praza_abastos_cambados.mp4{/flowplayer}