Militares e persoal civil do EVA visitan o museo Valle-Inclán

    POBRA> Un grupo do persoal, tanto civil coma militar, do Escuadrón de Vixilancia Aérea EVA 10, entre os que se atopaba o Comandante Xefe do Escuadrón, José María Gómez Sánchez, realizou esta mañá unha visita ás instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Durante a visita estiveron acompañados polo alcalde da localidade, Isaac Maceiras, e a edil de Cultura, Encarnación González, así como tamén polo director do propio museo, Antonio González Millán. Foi este último o encargado de acompañalos polas distintas estancias, facendo paradas nas salas que recollen aquelas pezas de recente incorporación ós fondos do museo, e que dende a súa reapertura, hai uns meses, se exhiben no edificio, particularmente o mobiliario vinculado ó autor.